sábado, 8 de novembro de 2014

C-G

Canta gordo, canta gordo,
meu irmán Santiaguiño;
canta gordo, canta gordo
que eu cantarei delgadiño. BS

Canta o cuco, canta o melro,
cantan tódolos paxaros,
eu tamén onte cantei
hoxe choro os meu traballos. FE

Cara de cañoto seco
vai a merda, vai a merda,
que eu contigo non me meto. Ms.2

Carballeira de San Xusto,
carballeira derramada,
naquela carballeiriña
perdín a miña navalla. BS

Carriño das catro rodas
que vas polo empedrado,
desperta a miña morena
que ten o sono pesado. BS

Cartas me viñeron cartas,
cartas do meu queridiño,
cartas me viñeron cartas,
que morrera no camiño. Ms.1

Casei cunha moza en Leiro
que é moi boa costureira,
pero non vai aos mariscos
nin me traballa na leira. CH

Caseime* fora: adios* porta,
portiña do meu quinteiro,
horta do meu saidiño,
sombra do meu laranxeiro. BT

Chamáchesme conacheira
heiche de mandar prender…!
En que feira ti me viches
con conachas a vender? BS

Chamásteme pera verde,
eu a ti mazán podrida,
a pera verde se come,
a mazán podre se guinda. Ms.2

Coloradiña da cara
eu non che quixera ser,
porque a mazán colorada
todos a queren comer. Ms.1

Coma queres que navegue
un navío pola calma,
coma queres que reviva
un corpo que non ten alma. FE

Corazón aleonado
dime quen che aleonou,
pasáchelo río cedo
e a auga che mareou. Ms.1[1]



[1] Em BS: Corazón alionado/ dime quen cha alionou/ pasáche-lo río cedo,/ a iauga che mareou.

Sem comentários:

Enviar um comentário